 |
O municipio de Nigrán permite degustar de maneira especial a cociña
típica da costa de Galicia, con numerosos bares e restaurantes que se
concentran no litoral marítimo. Abertos todo o ano, ofrecen ó
visitante pratos elaborados co excelente peixe e marisco da zona, capturado
no día polos pescadores do lugar.
Ás especialidades de peixes e mariscos, onde brillan as robalizas, o
rodaballo, polbo, sardiñas, lagostas, percebes, camaróns da ría,
lumbrigantes e nécoras, debemos engadir exquisitas carnes de tenreira
galega de fama internacional, caldeiradas, a mellor horta da zona e o excelente
albariño, rei de tódolos viños brancos das Rías
Baixas. |