 |
 |
A parroquia de Camos ten unha superficie de 6.720 km2 e unha poboación
de 1.400 habitantes. Na súa zona concéntrase a maioría
dos pazos do concello e da comarca, entre os que destaca e paga a pena
visitar o Pazo da Touza, construído no ano 1568 e que funciona
hoxe como aloxamento de turismo rural.
Destaca, como arquitectura tradicional, a Casa Rectoral da parroquia
ou a Torre de Méndez. A igrexa parroquial do século XVIII
e a capela de San Roque, onde se realizan as festas parroquiais, son
a súa arquitectura relixiosa xunto a diversos cruceiros.
A parroquia é fonte inesgotable de petroglifos, restos arqueolóxicos,
muíños, canalizacións, que poden verse cando se
percorren as rutas e camiņos marcados.
|
 |