 |
As condicións naturais do clima e das terras de Nigrán
permitiron que dende a prehistoria, antigos poboadores atoparan nesta
zona o seu espacio para vivir, deixando indicios evidentes da súa
existencia ata os nosos días.
Son numerosos os restos de poboados e asentamentos do Paleolítico,
Neolítico e a Idade de Bronce que se acharon en Nigrán,
ó igual que en todo o sur de Pontevedra.
Atopáronse ánforas, moedas, restos de fortificacións
celtas, gravados rupestres e petroglifos, que poden observarse aínda
nos percorridos que se realizan polas rutas de senderismo do municipio.
>
|