Dende o alto do Monte do Castro, na parroquia de Chandebrito, pódese admirar o largo verdor e o silencio dos campos de todo o municipio de Nigrán.

Berce de antigos poboadores que deixaron o seu legado en centenares de petroglifos e castros, a paisaxe complétase con restos de canalizacións de auga, muíños, hórreos e cruceiros que poden recoñecerse e admirarse percorrendo a ruta que discorre por esta parroquia. A igrexa parroquial é do século XVIII e de estilo románico.