De grande interese histórico e artístico é a arquitectura dos pazos, que rexistra en Nigrán unha das máis altas concentracións.

Son os seus expoñentes máis destacados o Pazo de Cadaval, reformado no século XVII, aínda que conserva algúns restos da construcción medieval do século XIV; o Pazo de Cea, considerado patrimonio artístico nacional, que conta cunha capela do século XVI e a construcción que rodeaba a escalinata principal; e o Pazo da Touza do século XVI reconvertido hoxe en Casa de Turismo Rural.

Ó percorrer a denominada “Rúa dos Pazos” na parroquia de Camos é posible admirar gran parte deles, coma o de “Pías”, o de “Abacial”, o “Pazo de Cea” ou a “Torre de Méndez”.

<••• / •••>