En Monteferro acháronse restos de cerámica, vestixios de canalizacións do período romano e indicios de poboamentos a xulgar pola necrópole do século VI. Pódense destacar tamén escavacións en Panxón, a ponte da Ramallosa (s.XII) con arcos do románico en transición e as numerosas capelas parroquiais.

Merece especial atención a arquitectura visigótica que aínda se conserva desa etapa: a poucos metros da igrexa de Panxón atopamos os restos dun vello templo do século VI coa fachada absidal, que foi declarado Monumento Nacional.

<••• / •••>