Panxón é ante todo paixón polo mar. Nesta parroquia
atopamos as praias de Panxón, Madorra e Patos, que permiten o
gozo do sol e o mar, xunto coas artes tradicionais da pesca e o marisqueo.
En Panxón é posible visitar o Arco Visigótico,
declarado monumento nacional en 1964 e o templo Votivo e a súa
igrexa parroquial do século XII. O monumento adicado á
Mariña Universal que domina o cume de Monteferro, é desde
onde admiraremos as mellores vistas do océano Atlántico.
Pero se hai unha festa na que Panxón é o lugar indicado,
ésta é a noite de San Xoán, a das fogueiras máxicas
e purificadoras do 23 de xuño, que marca o comezo do verán.
|