A parroquia de Priegue esténdese dende os finos areais da praia de Prado ata os máis altos miradoiro dos seus montes, que nos amosan os vestixios de antigas civilizacións en numerosos castros na Medoña e petroglifos coma os de “Outeiro Grande” e “Os Soto”.

A igrexa Parroquial, de porte moderno con detalles do século XVIII e cunha imaxe de San Mamede dentro dunha fornela na fachada principal, ten un rico retablo barroco.

Pero é, sen dúbida, o percorrido do seu camiņo circular a mellor maneira de coñecer tódolos secretos desta parroquia.