 |
 |
É sen dúbida a Ponte Romana o selo distintivo da parroquia
de San Pedro da Ramallosa. A ponte medieval, que une os municipios de
Baiona e Nigrán e que está considerado un das máis
fermosas de Galicia, construíuse por orde do bispo de Tui, San
Pedro Telmo, no século XII. No centro da ponte atópase
un peto de ánimas e, segunda tradición, aínda hoxe
celébrase un lendario rito de fertilidade.
Dende a Alameda de San Campio, onde hai unha capela e un fermoso cruceiro
é posible observar a paisaxe do río Miñor e a marisma
da Foz, zona de aniñadoiro de aves e hábitat de variadas especies
que, polo seu valor ecolóxico, pertence á Rede Natura
2000.
No interior da parroquia merecen unha visita o Pazo de Pías
(S. XII) e a Igrexa románica de San Pedro do ano 1554.
|
 |