 |
Cunha superficie de máis
de 35 kilómetros cadrados e unha poboación estable de 15.000 habitantes,
Nigrán beneficiase dun microclima especial, con suaves temperaturas no
inverno e sol abundante no verán, época na que se rexistra a maior
afluencia de turistas.
En palabras do insigne escritor
galego Carlos Casares, "Nigrán é mais que o seu mar e
as súas praias. Incluso se pode dicir que o mar e as praias necesitan
dos montes e os outeiros para seren contemplados en todo o seu esplendor. Eso
sábeno ben as persoas que se teñen aventurado a ir cara o interior
ou as que simplemente ascenden ata as alturas amables de Monteferro, desde onde
se pode gozar de vistas grandiosas, cadros divinos pintados por Deus para disfrute
de todos"
< |