 |
Nos petroglifos existentes, que datan do II e III milenio a.C., represéntanse
figuras naturalistas como animais e persoas, ademais de debuxos xeométricos,
circulares, etc. As parroquias de Camos, Chandebrito e Priegue concentran
a maioría destas expresións
De etapas posteriores son restos de castros amurallados, fortificacións
da Idade de Ferro situadas nas zonas medias e baixas dos vales. En Priegue
atópase o castro do mesmo nome e o de Medoña, e aparecen
tamén edificacións en Camos, Parada, Panxón e o
denominado Xunqueira/ A Golada en San Pedro.
<
/ >
|